HomesociedadeFesta de outono do comercio asociado de Chantada

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

Será este sábado 25 de outubro na Praza de Galicia dende as 16:30 ata as 19:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar a nova estación do ano, o outono, e dinamizar o comercio local. Para iso convida a toda a veciñanza a mercar estes días no comercio asociado da localidade e así poder participar nas diferentes actividades que se realizarán na Praza Galicia pola tarde, en horario de 16:30 a 19:30 horas.

Para participar, as familias deberán acreditar unha compra mínima de 5 euros nun dos establecementos asociados realizada entre o 20 e o 25 de outubro.

ACTIVIDADES

Das 16:30 ás 19:30 horas haberá inchables, obradoiros de elaboración de cabazas de Samaín, pintacaras, photocall e outras sorpresas… Dende a organización lembran que para o taller de cabazas cómpre levar cada un a súa da casa.

As actividades están financiadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e contan coa colaboración do Concello de Chantada.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...