HomesociedadeIX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

IX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

Con esta xornada, a organización promove un encontro para socializar poñendo en valor a celebración comunitaria do Magosto no que non faltarán as castañas asadas, con empanada, viño, licores e sobremesas gustosas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 1 de novembro, a partir das 17:00h celebrarase un obradoiro de elaboración de cabazas de Samaín para a rapazada, cabazas que despois pasarán a formar parte da decoración do lugar onde se faga o magosto.

A esa mesma hora visitarase algunha caniceira das que aínda se conservan na aldea dos Anguieiros onde antigamente se secaban as castañas ao calor das cociñas baixas ou lareiras. Coñecerase tamén algunha maquinaria que se empregaba antigamente para sacarlles a casca ás castañas secas. 

Xornada Castañeira Os Anguieiros / Asoc Boca do Monte

Ás 20:00h empezarase a facer lume para asar as castañas e a partir das 21:00 h. merenda-cea e Magosto popular con castañas asadas, sobremesas, viño e licores. A continuación foliada co grupo tradicional Abertal da Rúa.

Organiza a Asoc. Boca do Monte e colabora a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...