HomesociedadeSan Clodio en festas

San Clodio en festas

A capitalidade do Concello de Ribas de Sil honra ao 'San Clodio' cun completo programa de festas no que ten un especial protagonismo o apartado gastronómico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás 12:00 h. coa Misa na honra ao seu Patrón, que lle dá o nome á vila. A continuación, ás 13:30 h., tivo lugar un xantar popular no Pavillón a base de empanada, polbo e bica para toda a xente que se apuntou.

Xa pola tarde, ás 20:00 h. celebrouse o magosto que estivo amenizado polo Dúo Estrellas.

FESTA DA TERCEIRA IDADE

O venes 31 será o día grande de festexos, e data na que se celebra a XXV Festa da Terceira Idade.

Pola mañá, de 12 a 14:00 h. haberá petiscos no Pavillón xentileza do programa ‘Galicia sabe amar’ co que a Xunta de Galicia promociona os produtos do mar e ofrece para iso unhas elaboracións especiais.

Ás 13:15 h. será a Misa e ás 14:00 h. o Concello de Ribas de Sil agasallará aos maiores cunha comida no Pavillón Polideportivo.

Pola tarde, das 17:00 ás 21:00 h. tamén estará a caravana da Xunta de Galicia cos petiscos e ás 20:00 h. haberá unha chourizada. Para rematar a noite música; primeiro co Dúo En Clave de Ti, e ás 22:00 h. concerto a cargo do grupo The Krowd.

Como remate de programación, o sábado 1 de novembro ás 21:00 h. haberá un concerto no Parque Infantil do Ladrillo a cargo do grupo ‘Terapia de Grupo’.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...