HomesociedadeA comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

Durante este verán executáronse obras destinadas a darlle operatividade ao servizo de comedor destas instalacións, de modo que se reformou a cociña para poder preparar nela as comidas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, con 10 profesionais no cadro de persoal queatenden a 75 nenas e nenos dos 3 meses aos 3 anos.

Para a execución das obras o Consorcio Gallego achegou case 48.000€, froito dun convenio que asinou co Concello de Chantada para substituír o servizo de cátering por un servizo de cociña na propia escola.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e da concelleira de Educación, Xuventude e Deportes, Belén Vázquez Caseiro, visitaba este venres pola mañá as instalacións para comprobar o resultado desta reforma integral da cociña, que incluiu tamén melloras na lavandaría.

“Tiñamos o servizo de cociña a través de cátering e con esta reforma puidose adaptar a cociña para facer aquí as comidas. De momento o servizo segue atendido por cátering, pero a comezos de ano está previsto contar con cociñeiro/a e dar o servizo completo desde a escola infantil”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Pola súa banda Perfecto Rodríguez, explicaba que estes centros teñen dous tipos de servizo de cociña: cátering ou servizo de comedor externalizado. Para este segundo resólvese a finais de ano o concurso, polo que entre xaneiro e febreiro haberá unha empresa concesionaria para este servizo ao que agora se incorpora o Concello de Chantada, “nesta concesión recóllese xa cociña in situ en Chantada”, asegura Perfecto Rodríguez.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...