HomesociedadeXanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

Trátase do "Ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes" sendo o centro de ensino chantadino o único de Galicia que oferta esta formación específica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita ao I.E.S. Val do Asma de Chantada, centro que ofrece un módulo moi específico sobre telecomunicacións.

Concretamente estase impartindo desde este curso o “Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes”, formación na que colabora a devandita empresa de telecomunicacións galega con sede no Concello de Chantada. É o único centro galego que ten esta formación profesional e os rapaces e rapazas que a están estudando comezarán no mes de maio a traballar na empresa Xanela.

Alumnado atento á intervención de Iñaki Castiñeira. Foto: Xanela.

Castiñeira trasladoulle ao alumnado a relevancia que ten esta colaboración e o valor dun ciclo ofertado que ten “moitísimas opcións de saídas profesionais”. Ademais, subliñou que é moi importante “para empresas coma a nosa contar con traballadores formados”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...