HomesociedadeVeciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

Trátase dunha viaxe outonal que organizou a Asociación de Veciños e na que participaron unha trintena de persoas, algunhas delas de case 90 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta parroquia pantonesa, vén de facer unha viaxe a Lalín aproveitando a tempada de outono e que lles empezaba o bandullo a pedir un bo cocido.

Pasaron o día na capital do Deza e xantaron cocido no restaurante e museo etnográfico rural, Casa do Patrón, onde as persoas participantes o pasaron moi ben porque lembraron “os seus tempos”, como explica o presidente da asociación veciñal, Carlos Escudero, “participaron da viaxe unha trintena de persoas, algunhas delas de case 90 anos que puideron ver ferramentas e outros utensilios cos que traballaban antes. Tamén familia ou fillos dos asociados que están fóra e viaxaron con nós. Ao remate estaban todos encantados e pensando en repetir”.

Veciños da entidade á hora do xantar. Foto cedida pola entidade.

A entidade, que conta con 53 asociados nunha aldea de vinte e poucos veciños, organizou un magosto o pasado 1 de novembro e desde mediados do vindeiro mes iluminarán Bazal para darlle a benvida ao Nadal. A vindeira excursión terá que esperar á primavera e o destino será a Mariña Lucense, onde verán, entre outras paraxes, a coñecida Praia das Catedrais.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...