HomesociedadeObradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero no CPI Poeta...

Obradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero no CPI Poeta Uxío Novoneyra

A actividade forma parte do programa de actos de novembro arredor do 25N promovido pola Unidade de Violencia sobre as Mulleres da Subdelegación do Goberno en Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou este 11 de novembro o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, centro de ensino onde se celebrou un obradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero dirixido ao alumnado de primaria e secundaria. A iniciativa forma parte do programa de accións que impulsa a Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Lugo arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O obradoiro, conducido pola mestra e intérprete de música tradicional Branca Villares, propón unha viaxe pola historia das cancións galegas, analizando como foron cambiando as mensaxes sobre o amor, os roles e a presenza das mulleres na cultura popular. A través da música, a palabra e o debate, o alumnado reflexionou sobre como se constrúen os estereotipos e aprendeu a identificar contidos machistas ou discriminatorios nas letras actuais.

A subdelegada salientou “a capacidade da cultura para facer pensar e para sementar conciencia crítica desde idades temperás”, e agradeceu ao profesorado o seu compromiso coa educación en valores. “Traer ao Courel iniciativas como esta é apostar polo futuro dun rural vivo e con igualdade de oportunidades para a súa mocidade”, engadiu.

ÚLTIMAS

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...