Homesociedade200.000€ para a mellora da estrada provincial de Sober a Doade

200.000€ para a mellora da estrada provincial de Sober a Doade

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres licitar por máis de 200.000€ as obras de mellora de sete quilómetros ó inicio da LU-P-5903, que é a estrada que conecta a capitalidade municipal con Doade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial investirá máis de 200.000€ (207.267.39) na mellora de sete quilómetros ó inicio da LU-P-5903, unha vía fundamental para a Ribeira Sacra polo que supón tanto para o turismo como para o sector vitivinícola.

Cun prazo de execución de 3 meses, a Deputación rehabilitará o primeiro tramo da vía: desde o quilómetro 1,3 ó 8. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación.

Unhas obras que terán un impacto moi importante, porque esta vía dá acceso a miradoiros, adegas e explotacións de viño, sendo unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da economía local. En base a esa importancia, a Deputación leva investidos máis de 700.000€ nesta estrada nos últimos seis anos.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...