HomesociedadeA estrada provincial que dá acceso ao lugar de Quinteliña, en Chantada,...

A estrada provincial que dá acceso ao lugar de Quinteliña, en Chantada, para a ser municipal

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, asinaron este marters un acordo mediante o que a institución provincial cede a este Concello a totalidade da vía LU-P-1808. Trátase dunha estrada de 375 metros de lonxitude que conecta a N-540 co lugar da Quinteliña, na parroquia chantadina de San Salvador de Asma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación destacou que con este acordo se dá resposta a unha petición do Concello de Chantada, despois da súa aprobación na sesión plenaria e a correspondente ratificación da Xunta de Galicia. Así esta estrada, clasificada como solo urbano en medio rural, pasa a formar do patrimonio viario municipal de Chantada.

Tomé Roca recalcou que “esta sinatura demostra que escoitamos as demandas dos municipios e que tratamos de colaborar activamente para mellorar os servizos e as infraestruturas que usan a diario os veciños e veciñas, sexan da cor política que sexan”.

Nesta liña, recordou o mandatario provincial que este mesmo trámite relizárono tamén con Xove e Palas de Rei.

ÚLTIMAS

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...