HomesociedadeO Concello de Sober, protagonista no salón gastronómico e turístico 'Xantar'

O Concello de Sober, protagonista no salón gastronómico e turístico ‘Xantar’

O 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR, que se celebra no recinto de Expourense, tivo na xornada do pasado venres unha dedicatoria especial para o Concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

XANTAR dedicou a xornada do venres 21 de novembro a dúas vilas que levan participando neste evento 26 anos ininterrompidamente, é dicir, dende a primeira edición en 1999. Unha delas é a Cámara Municipal de Vila Real, en Portugal, e a outra o Concello de Sober, na Ribeira Sacra.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, recibiu unha placa conmemorativa de mans do xerente de Expourense, Rogelio Martínez, e presidiu a degustación de Viño de Amandi e Rosca de Sober con queixo na que tamén participou o director de Agacal, Martín Alemparte.

SOBER EN XANTAR 2025

Ademais de promocionar os seus viños de Amandi e a súa localización privilexiada na Ribeira Sacra, Sober acode este ano a Xantar para presentar o “Proxecto Rosca de Sober” impulsado pola Consellería do Medio Rural e centrado na investigación e caracterización deste produto que neste concello consideran “testemuño vivo da identidade dun territorio e patrimonio gastronómico”.

O proxecto baséase en tres eixos principais: a documentación e preservación das calidades da Rosca de Sober; o desenvolvemento de sistemas de produción e conservación que respecten a súa autenticidade; e a exploración de novos usos culinarios que a proxecten cara á gastronomía contemporánea e a hostalería.

O Concello de Sober expón os seus recursos turísticos e gastronómicos nun stand propio ata o vindeiro domingo, 23 de novembro.

Stand do Concello de Sober en Xantar 2025. Foto: Concello de Sober.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...