Homesociedade'Plan da Viabilidade Invernal' 2025-2026 da Deputación de Lugo

‘Plan da Viabilidade Invernal’ 2025-2026 da Deputación de Lugo

O operativo, presentado o pasado venres 21 de novembro polo presidente da Deputación de Lugo, consta de 112 persoas e 64 máquinas que terá por obxectivo garantir unha resposta “áxil e eficaz” ante as incidencias que poidan xurdir relacionadas co mal tempo nos máis de 4.000 quilómetros na rede viaria provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, comentou na presentación do Plan de Viabilidade Invernal que “a seguridade nas estradas é un dos principais eixos do Goberno provincial e que, dado que máis da metade das estradas provinciais superan os 600 metros de altitude, estes tramos están especialmente expostos ás inclemencias meteorolóxicas”. Sinalou ademais a importancia de poder coordinar o traballo entre os medios propios da institución coas 8 empresas contratadas pola Deputación para a conservación e mantemento das vías no territorio. “A precisión de recursos está pensada para poder actuar con tres máquinas quitaneves e tres vehículos de apoio por cada zona, o que nos permitirá reducir ao máximo os tempos de resposta”, valorou.

A Deputación conta tamén cun total de 420 toneladas de sal distribuídas en 12 silos situados  nos concellos de Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Estes silos tamén estarán dispoñibles para os 67 concellos da provincia en caso de emerxencias ou fortes temporais e cada un almacena 35 toneladas de sal de mina.

O Presidente da institución provincial lembrou tamén que o protocolo de actuación do Plan de Vialidade Invernal, para abordar as emerxencias meteorolóxicas que poidan afectar ás estradas municipais neste final de outono e inverno, está a disposición dos 67 concellos da provincia para fomentar a colaboración entre administracións.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...