HomesociedadeA CC.OO. preocúpalle o posible peche da 'Gardería San Vicente' de Monforte

A CC.OO. preocúpalle o posible peche da ‘Gardería San Vicente’ de Monforte

Consideran imprescindible que manteña a actividade polo ben das familias e polo ben dos 6 traballadores.

Publicado o

- Advertisement -

A secretaría de acción sindical de Comisións Obreiras considera que a Escola Infantil San Vicente Paúl, antiga “Gardería Caixa Galicia”, ofrece un servizo complementario necesario para dar cobertura ás familias monfortinas dada a falta de capacidade da Gardería Municipal e a privada “Parruliños”. Se o peche se fai efectivo “acarrearía un grave prexuízo ás familias usuarias pero tamén ao personal contratado”, indica Mario Docasar.

Ademais, dende o sindicato indicado entenden que é prioritario que o alcalde, José Tomé, realice as xestións oportunas de forma urxente coa Dirección da Gardería San Vicente Paúl para frear o peche, evitando que as familias teñan que levar os nenos e nenas a concellos limítrofes e que 6 monfortinos/as perdan o seu posto de traballo.

CC.OO. esixe finalmente a todos os partidos un compromiso para evitar que a empresa poña fin á súa actividade en Monforte. Neste sentido piden consenso e que, co Alcalde á cabeza, podan reunirse coa Dirección da empresa e buscar solucións para manter os acordos e compromisos adquiridos no seu día.

A empresa responsable do centro admite problemas económicos e dende a Dirección indican que o futuro non está garantizado.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...