A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos que pertencen as distintas áreas de intervención. Concretamente, dos ámbitos Social, Educativo, Sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Administración de Xustiza e Colexio de Avogados de Lugo. A coordinación é esencial en materia de intervención ante situacións de violencia de xénero, xa que ten que ser unha intervención global e integral, e isto só é posible coa estreita colaboración entre profesionais dos diferentes ámbitos.
Todas as reunións da Mesa de traballo inícianse cunha sesión formativa en materia de violencia de xénero, que nesta ocasión versou sobre “Violencia de xénero dixital: Aproximación práctica”, a cargo de Estefanía Fernández Otero, médica especialista en medicina familiar e comunitaria, e sexóloga experta en prevención dos efectos da pornografía na saúde afectivo-sexual.
Ao remate da formación, as persoas representantes de cada ámbito que conforma a Mesa continuaron co desenvolvemento da sesión, centrada na mellora da atención integral que precisa a problemática da violencia de xénero.

