HomesociedadeUnha trintena de persoas fórmanse no sector vitivinícola grazas a un curso...

Unha trintena de persoas fórmanse no sector vitivinícola grazas a un curso organizado pola APEHL

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns no Centro do Viño de Monforte de Lemos na entrega de diplomas acreditativos ás 30 persoas que están a participar no curso gratuíto A volta ao mundo en 40 viños, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A acción formativa estivo impartida polo Instituto Galego do Viño. O seu director, Xoán Cannas e o Presidente da APEHL, Cheché Real, tamén participaron deste acto de entrega de diplomas. O obradoiro comezaba o pasado 17 de novembro cun total de 50 horas formativas na que os participantes -principalmente do mundo da hostalería e do sector vitivinícola- afondaron en cuestións relacionadas coa enoloxía ou a análise sensorial e tamén coñeceron viños de España, Galicia e Europa, entre outros aspectos.

García Porto recordou que “desde a institución provincial levamos anos defendendo un modelo turístico moi claro: un turismo non masificado, sostible, baseado en experiencias auténticas e no respecto polo territorio. Un turismo que non persegue grandes cifras, senón visitantes que queiran coñecer de verdade o lugar ao que chegan. E poucos territorios representan mellor este enfoque que a Ribeira Sacra”.

Na súa intervención a Deputada Provincial recordou que esta comarca da provincia “está moi preto dun momento que pode ser histórico” referíndose á posible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade en 2026 “un recoñecemento que nos traería novas oportunidades, máis visibilidade e tamén máis responsabilidade na forma de xestionar este territorio. Por iso, formacións coma esta son tan relevantes, danvos ferramentas, criterio e perspectiva nun momento clave para o futuro turístico da comarca e de toda a provincia”.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...