HomesociedadeSergio Alba presenta 'Dous rombos... pasa para a cama' en Sober

Sergio Alba presenta ‘Dous rombos… pasa para a cama’ en Sober

O músico e humorista de Monterroso transportaranos ata os anos 80 para lembrar aqueles tempos difíciles pero felices. A educación, os xogos, a forma de vestir e, sobretodo a televisión, son referencia obrigada para fiar un espectáculo que emociona e fai rir.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Sergio Alba, de xira neste 2025 co seu espectáculo de humor “Dous rombos… Pasa para a cama”, estará o domingo 21 de decembro no Centro Sociocultural de Sober. A actuación está programada para as 19:00 h. e conta coa produción de Fetén e o copatrocinio do Concello de Sober. As entradas anticipadas teñen un prezo de 5 € e as que se collan na billeteira o mesmo día 6 €.

O protagonista, facendo un xogo de palabras, anticipa a aqueles que aínda non coñecen esta proposta artística que gozarán “dun show no que o pasado, estará moi presente”.

“É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor”, comenta Sergio.

O espectáculo, unha homenaxe en vivo e con moitas referencias aos anos 70-80-90, fai revivir aqueles anos nos que, en palabras do protagonista “nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor. Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade”.

A educación, os xogos, a forma de vestir e, sobretodo a televisión, son referencia obrigada do artista para fiar un espectáculo que emociona e fai rir. A posta en escena está moi traballada e o monólogo enriquécese coa interpretación de temas tuneados a partir de cancións míticas que no seu tempo estiveron en boca de todas e todos…

Sergio Alba cantando nunha actuación en Arzúa. Foto: XMF
ACTUACIÓN DE SERGIO ALBA EN TABOADA

Antes da proposta comentada, Sergio Alba ofrecerá na tarde do sábado 13 de decembro un concerto acústico no Patio Scala de Taboada. Esta actuación leva por título “Tributo a Cantautores” e nela repasará melodías e letras, propias e alleas. A cita será ás 19:30 horas, e xa se pode reservar mesa no local.

Sergio Alba. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...