O vindeiro 10 de decembro, ás 12:00h, dende a Fundación Acción contra el Hambre realizarán un “Free Tour” por Monforte de Lemos. Neste “percorrido emprendedor” visitarán diferentes negocios para coñecer ás persoas que están detrás deles que, ademais contarán a súa experiencia.
Esta actividade forma parte do Clube de Emprendemento, un espazo onde as persoas emprendedoras –ou con ganas de selo– poidan coñecerse e establecer sinerxías no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, financiado por FSE+ e a Fundación MAPFRE.
O punto de encontro será a Praza de España e as persoas interesadas poden anotarse aquí: https://bit.ly/freetournadal Os desprazamentos dende o lugar de encontro ata os negocios, e entre estes, serán curtos e estímase que a actividade remate ás 12:00 h.

