Homesociedade'Free Tour' en Monforte organizado pola Fundación Acción contra el Hambre

‘Free Tour’ en Monforte organizado pola Fundación Acción contra el Hambre

Será o vindeiro 10 de decembro ás 12:00 h e o roteiro levará aos emprendedores ou potenciais emprendedores a coñecer algúns negocios da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 10 de decembro, ás 12:00h, dende a Fundación Acción contra el Hambre realizarán un “Free Tour” por Monforte de Lemos. Neste “percorrido emprendedor” visitarán diferentes negocios para coñecer ás persoas que están detrás deles que, ademais contarán a súa experiencia.

Esta actividade forma parte do Clube de Emprendemento, un espazo onde as persoas emprendedoras –ou con ganas de selo– poidan coñecerse e establecer sinerxías no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, financiado por FSE+ e a Fundación MAPFRE.

O punto de encontro será a Praza de España e as persoas interesadas poden anotarse aquí: https://bit.ly/freetournadal Os desprazamentos dende o lugar de encontro ata os negocios, e entre estes, serán curtos e estímase que a actividade remate ás 12:00 h.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...