HomesociedadeO CCU reforza o ambiente de Nadal para dinamizar o comercio local...

O CCU reforza o ambiente de Nadal para dinamizar o comercio local de Monforte

Como cada ano por estas datas vén de presentar o seu programa de Nadal con propostas de lecer para toda a familia. A visita de Papá Noel e o Tren do CCU serán os grandes atractivos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos convida ás familiar a gozar do ambiente de Nadal ao tempo que realizan as súas compras na cidade, apoiando así ao comercio local nunhas datas moi importantes para o sector.

Como eixo central da campaña o Tren do CCU volverá percorrer distintas zonas comerciais de Monforte os días 22, 23 e 24 de decembro. Terá a saída e a chegada onde as coñecidas “Casiñas” da Praza da Compañía e permitirá a veciños e visitantes gozar de Monforte e os seus barrios dunha maneira diferente á vez que se reforza o ambiente do Nadal nas rúas.

O acceso ao tren será gratuíto e realizarase por orde de chegada ata esgotarse as prazas de cada viaxe, presentando un ou varios tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€. Os xustificantes de compra terán que ter data do 1 de decembro ou posterior.

VISITA DE PAPÁ NOEL

Ademais, eses mesmos días, Papá Noel estreará en Monforte a súa nova casiña de Nadal, que este ano estará situada de forma permanente xunto ás “Casiñas” da Compañía. Será un espazo ambientado para que as familias poidan saudalo, sacar fotos con el e entregarlle as súas cartas en horario de mañá e tarde.

Papá Noel, iniciativa do CCU Monforte. Fonte: CCU
DATAS IMPORTANTES PARA O COMERCIO LOCAL

O CCU Monforte agrupa un amplo tecido de establecementos de comercio, hostalería e servizos que traballan de forma coordinada para ofrecer unha experiencia de compra próxima, cómoda e de calidade. Ángel Folgueira, xerente, sinala que “a campaña de Nadal reforza ese valor engadido, lembrando que cada compra no comercio local contribúe a manter o emprego, a vida nas rúas e a economía da comarca”. E engade “o Nadal é un momento decisivo para moitos negocios de Monforte. Con esta campaña queremos axudar a contribuír para que Monforte sexa unha cidade viva, con ambiente nas rúas e cun comercio local forte, capaz de competir con outros formatos de venda e de seguir sendo un referente para toda a Ribeira Sacra”.

Os horarios e funcionamento do Tren do CCU, así como tamén da casiña de Papá Noel, poden consultarse xa na web do CCU e nas súas redes sociais.

FINANCIAMENTO

Esta camapaña forma parte das accións de dinamización do comercio de proximidade cofinanciadas pola Xunta de Galicia e que conta tamén coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...