HomesociedadeObradoiros interxeracionais de Nadal en Monforte

Obradoiros interxeracionais de Nadal en Monforte

No marco do Programa Activa 2025-2026, que impulsa o Concello de Monforte, veñen de anunciarse dúas actividades que poderán compartir avós e netos: mellora das competencias dixitais e elaboración de adornos de Nadal. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O principal obxectivo dos obradoiros interxeracionais, segundo indica o Alcalde José Tomé, “é fortalecer os lazos entre as persoas maiores e as máis novas, ao tempo que netos e avós comparten unha actividade durante as vacacións de Nadal”.

Esta nova edición chega con dúas propostas: AV@S 3.0 para a mellora de competencias dixitais, e Adornos de Nadal, para realizar manualidades que sirvan de decoración de Nadal nas súas casas.

AV@S 3.0

O obradoiro AV@S 3.0 está enfocado a mellorar o manexo das novas tecnoloxías das persoas maiores aproveitando os coñecementos dos máis novos. Esta actividades levarase a cabo en dúas xornadas, os días 22 e 29 de decembro de 2025, en horario de 11.00 a 13.00 horas, no Centro Cívico Social. Está dirixido aos avós e avoas e aos seus netos e netas de 7 a 16 anos, que sexan veciños do Concello de Monforte de Lemos.

Aspectos como o funcionamento do teléfono móbil, o correo electrónico, navegar por internet, a cámara fotográfica… son ferramentas indispensables para relacionarse coa contorna que os mozos manexan diariamente, pero que non todas as xeracións, especialmente as maiores, manexan coa mesma habilidade.

ADORNOS DE NADAL

Por outra banda, desenvolverase o obradoiro interxeracional de Adornos de Nadal que terá lugar o 23 de decembro, de 17.00 a 19.00 horas, no Centro Cívico Social. Esta actividades está  dirixida tamén a avós e avoas e netos e netas con idades de 5 a 16 anos veciños do Concello de Monforte. Neste caso, ambas xeracións compartirán unha tarde de manualidades elaborando xuntos os adornos de Nadal para decorar os seus fogares.

INSCRICIÓN

Ambos obradoiros son gratuítos e o prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden anotarse na Secretaría dos Servizos Sociais, onde terán que cubrir a solicitude e achegar o DNI.

Os requisitos das persoas participantes son os seguintes: Estar empadroados no Concello de Monforte, ter relación de parentesco en 2º grao (avós/netos) e cumprir a idade establecida no caso das persoas menores. Para o obradoiro Av@s 3.0 cómpre ter un dispositivo móbil con Android.

EMPODERAMENTO DOS MAIORES

Tanto a Concellería de Servizos Sociais como o Alcalde apostan polo empoderamento das persoas maiores veciñas do Concello de Monforte sendo conscientes dos beneficios que aportan estas relacións interxeracionais, especialmente no colectivo dos maiores. Así, pois, coa organización deste tipo de actividades pódense combater circunstancias tales como a redución da perda de memoria, a sintomatoloxía depresiva, a soidade e o illamento, e pódense xerar sentimentos positivos e satisfactorios respecto da vida.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...