HomesociedadeProdeme xestionará a finca do Pazo de Tor en Monforte

Prodeme xestionará a finca do Pazo de Tor en Monforte

A Deputación aproba por unanimidade unha emenda popular á moción do BNG para que sexa esta Asociación e non outra a que xestione a finca.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa da cesión da finca de Tor partía do BNG e coa emenda popular aprobábase que a xestión correspondese á Asociación Prodeme, “unha  Asociación cunha implantación moi grande en Monforte e cun modelo de traballo en prol da discapacidade e un proxecto que dinamiza a zona sur, que desde 2008 loita por estes terreos”, aseguran desde o PP.

Consideran que esta finca é das mellores fincas agrarias da provincia, con máis de 200 hectáreas, 75 de terreo produtivo e con regadío. Deste modo o PP espera sacarlle rendemento a uns terreos que considera que a Deputación “ten abandonados, hai 15 anos eran pradería e hoxe hai un monte que incumpre a loita contra os incendios, xa que non está nin desbrozado. A Deputación aforraría en desbroces e arados e cumpriría coa normativa contra incendios”.

Con este resultado na votación do pleno deste martes na Deputación, consideran os populares que “se desautoriza ao alcalde de Monforte, José Tomé”, ao cederlle a Prodeme a finca do Pazo de Tor para a súa xestión, votando diferente a como votaron os socialistas no Pleno de Monforte celebrado este luns pola tarde.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...