HomesociedadeO CCA Ribeira Sacra de Chantada celebra a cea de Nadal

O CCA Ribeira Sacra de Chantada celebra a cea de Nadal

Uns 30 comercios e negocios asociados acompañaron á directiva. O presidente, Iñaki Castiñeira, amosou a súa satisfacción por unhas contas saneadas e un ano record de actividades realizadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Uns trinta socios e socias acompañaron o pasado sábado 13 de decembro á directiva da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra na cea de Nadal celebrada no establecemento chantadino Os Pendellos.

No encontro gastronómico estiveron presentes concelleiros con representación no Concello de Chantada, o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e o xerente do GDR Miño-Ulla, Javier Rodríguez Medela.

O presidente da asociación, Iñaki Castiñeira, dedicou unhas palabras ao remate da cea amosando a súa satisfacción pola “boa saúde económica” da entidade. Afirmou que se remata o ano con superávit e salientou que neste 2025 fixéronse máis campaña ca nunca. Agradeceu ás administración a súa axuda para facelo posible e avanzou que, dado o éxito que tivo o pasado ano, o 5 de xaneiro de 2026 repetirase a actividade “Lévacho un Rei Mago”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...