Homesociedade1M€ para a mellora da eficiencia enerxética nos Xulgados de Monforte

1M€ para a mellora da eficiencia enerxética nos Xulgados de Monforte

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes recibiu ofertas de cinco empresas para acometer as obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio xudicial de Monforte de Lemos, licitadas o pasado 11 de novembro por un orzamento de 1 millón de euros. Os traballos realizaranse o vindeiro ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as intervencións previstas destaca a substitución da cuberta; así como o cambio das carpinterías exteriores por outras fabricadas en madeira laminada de castiñeiro con certificación ecolóxica FSC e dotadas de illamento térmico e acústico. Tamén se mudarán as luminarias por equipos LED con sistemas de control de presenza e de regulación do fluxo lumínico.

Igualmente, farase unha renovación completa do sistema de climatización, incluíndo a calefacción, o aire acondicionado e a ventilación; así como a colocación dun módulo cortaventos na entrada.

Ademais destas intervencións, dotarase o edificio de produción de enerxía renovable mediante a instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta, conseguindo así un un importante aforro enerxético e eficiencia nas instalacións.

Todas estas actuacións en conxunto permitirán acadar unha redución do 55,50% no consumo de enerxía primaria non renovable e unha mellora do 61,62% nas emisións. Arias incidiu tamén en que as instalacións gañarán en confort e salubridade para os usuarios.

Durante a súa visita aos xulgados, o delegado territorial, Javier Arias, comprobou a marcha das obras menores que están en execución actualmente no interior do edificio. A maior parte corresponden á área de Fiscalía, onde se traballa na renovación das portas; o revestimento da cristaleira e o cambio dos vidros por cristais laminados para incrementar a seguridade. Tamén se colocará un rótulo nesta área. A continuación, renovarase o pavimento nun despacho.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...