HomesociedadeEncontro de Nadal da D.O. Ribeira Sacra e entrega de premios do...

Encontro de Nadal da D.O. Ribeira Sacra e entrega de premios do ‘Mondial des Vins Extrêmes 2025’

O acto tivo lugar no Iberik Augas Santas Balneario & Golf, no Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrou este venres 19de decembro un encontro que serviu tamén para facer entrega oficial dos galardóns obtidos polos viños deste territorio amparado no Mondial deas Vins Extrêmes 2025, certame internacional de referencia en viticultura heroica que tivo lugar os días 20 e 21 de setembro en Aosta (Italia).

Durante a celebración, Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador, realizou un balance do ano que está a punto de rematar, repasando as principais accións levadas a cabo pola denominación de orixe e adiantando algunhas novidades relevantes previstas para 2026. Posteriormente, quixo recoñecer publicamente o traballo das adegas premiadas, que situaron novamente á Ribeira Sacra entre os territorios vitivinícolas máis destacados a nivel internacional.

os viños da Ribeira Sacra obtiveron un total de 17 galardóns, entre Gran Medallas de Ouro e Medallas de Ouro

Nesta edición do certame, os viños da Ribeira Sacra obtiveron un total de 17 galardóns, entre Gran Medallas de Ouro e Medallas de Ouro, confirmando a calidade, singularidade e proxección exterior dunha denominación marcada polo cultivo en pendentes extremas.

GALARDÓNS COLLEITADOS POLAS ADEGAS DA D.O. RIBEIRA SACRA

GRAN MEDALLAS DE OURO

Godello Don Cosme 2024 — EDV 2015 SLU (Quiroga)

Mencía Matilda Nieves 2024 — Rectoral de Amandi (Sober)

Mencía Cividade 2024 — Adega Verao (Sober)

MEDALLAS DE OURO

Vía Romana Añada Mencía 2024 — Adega e Viñedos Vía Romana (Chantada)

Mencía Batanero 2022 — Pazo de la Cuesta (Ribas de Sil)

Godello 1904 2022 — Adega Vella (Ourense)

Mencía Almanova 2024 — Alma das Donas (Pantón)

Godello Almalarga 2024 — Alma das Donas (Pantón)

Mencía Don Bernardino 2024 — Don Bernardino (Sober)

Mencía Don Bernardino 4ª Xeración 2020 — Don Bernardino (Sober)

Godello Don Bernardino 2024 — Don Bernardino (Sober)

Godello 2024 — Regina Viarum (Sober)

Mencía 22º 2023 — Alouviño (Sober)

Godello 2019 — Alvaredos-Hobbs (Alvaredos)

Mencía Promine Singular 2024 — Bodegas Petrón (Doade – Sober)

Mencía Viña Vella 2024 — SAT Virxen dos Remedios (O Saviñao)

Mencía Cárcava 2024 — Viñedos Zarzagal (Monforte de Lemos)

Viños da D.O. Ribeira Sacra. Foito: CRDO RS

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...