HomesociedadeA recollida de lixo en Monforte adiántase en Noiteboa e Fin de...

A recollida de lixo en Monforte adiántase en Noiteboa e Fin de Ano

O Concello de Monforte informa de que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo co obxectivo de permitirlles aos traballadores pasar estas noites na compañía das súas familias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 23 e 30 de decembro, os cubos habilitados diariamente para a recollida de lixo quedarán depositados na rúa ata o inicio do servizo dos días posteriores, 24 e 31 de decembro.

Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro, a recollida comezará ás 15.00 horas e rematará ás 19.00 horas. Este horario afectará tanto ao servizo de recollida de fracción resto como ao de retirada de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte. Procederase tanto á recollida de lixo como de cubos.

Por outra parte, os días 25 e 31 de decembro e o 6 de xaneiro de 2026 a empresa realizará os servizos propios e habituais dos domingos e festivos. 

A concellería de Medio Ambiente lamenta as molestias que puideran derivarse deste cambio e, ao mesmo tempo, solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas de Monforte. O servizo de recollida de lixo volverá ao seu horario habitual os días seguintes ás datas festivas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...