HomesociedadeO Círculo Saviñao organiza unha variada programación para despedir o 2025

O Círculo Saviñao organiza unha variada programación para despedir o 2025

Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O martes, 23 de decembro, a sede do Círculo Saviñao contará con visita de Antía, a Apalpadora, que chega acompañada polo músico André para contar contos e cantar como é a vida na alta montaña. A cita destinada, especialmente aos máis cativos, comezará ás 18:00h e inclúese na programación da Vicepresidencia da Deputación.

A seguinte cita terá lugar o 27 de decembro tamén a partir das 18:00h. Trécola producións ofrecerá o espectáculo The Piccole Theatre, Gran show de marionetas de fío.

Xa o 31 de decembro e para despedir este 2025, a sede do Círculo Saviñao, na rúa Emilio Pardo Bazán, nº 17 de Escairón, acolle desde as 2:30h o concerto de Gin Toni´s para dar a benvida ao novo ano.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...