Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as decoracións de Nadal da aldea do Cotillón, no Concello de Pantón. Trátase dunha iniciativa que dende hai uns anos está facendo posible que moitos lugares do rural galego poidan lucir e gozar de ambientacións e iluminacións propias destas datas.
Será o segundo ano consecutivo no que se engalana este lugar e todo grazas ao traballo da Asociación de Veciños “San Brais dan Román de Acedre” e á Asociación Cultural Segredos de Pantón.
IMAXES DAS DECORACIÓNS





FOTOS: Segredos de Pantón.

