HomesociedadeA Deputación activa o operativo invernal ante a previsión de nevadas desde...

A Deputación activa o operativo invernal ante a previsión de nevadas desde os 600 metros

A Deputación de Lugo activou o seu operativo invernal ante a previsión de nevadas desde o 600 metros e de xeadas intensas a partir desta tarde especialmente no interior da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispositivo, que se despregou desde ás 17.00 horas, está formado, de partida, por 16 máquinas quitanieves, 8 pick ups con coitela, 8 vehículos todo terreo de apoio e 48 operarios, que traballarán para garantir a seguridade e a circulación nas estradas provinciais ao longo das vindeiras horas.

A institución conta  tamén con 12 silos de sal repartidos polo territorio (Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil) e traballa de xeito coordinado coas 8 empresas dedicadas á conservación e mantemento da rede viaria provincial.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...