HomesociedadeDOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

Nace unha nova iniciativa en Quiroga, organizada por Tourgalia e patrocinada pola adega Casa Outeiro, que busca axudar a proxectos do territorio cunha parte da entrada que hai que pagar por ver os concertos que organizará no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un por mes, organizados pola empresa Tourgalia en Quiroga. O propósito é, en palabras deles: “Contribuír co noso gran de area xunto ao tecido asociativo, o sector privado, as administracións e a poboación á revitalización do territorio do Xeoparque Montañas do Courel”.

A actuación deste sábado, para abrir o ciclo, é a cantante Irene Caruncho, gañadora de ‘La Voz’ de Antena3 na edición do ano 2016. Ás 21:00 h. haberá viños e pinchos da adega Casa Outeiro, ás 22:00 h. farase a presentación do ciclo, e ás 22:30 h. terá lugar o concerto.

COMO FUNCIONA ‘DOCE SONS’?

Pensando que a organización de concertos atractivos, grazas ao tirón das e dos artistas participantes, xera actividade unha fin de semana ao mes na Comarca de Quiroga, os organizadores entenden que pode gañarse clientela nos establecementos turísticos e ao mesmo tempo acadar un donativo coa entrada para apoiar algún proxecto local que o necesite.

Nese senso, explican nas redes sociais que “coa recadación apoiamos unha acción dun proxecto que xere impacto positivo. Con este primeiro concerto axudaremos a que un local da comarca, o restaurante Terriña Salvaxe, para que constrúa a súa nova terraza da que gozaremos todos”.

Tamén se informa do investimento por persoa e concerto (30 € entrada): 20€ será para os viños, os petiscos, o artista e toda a organización; 10€ para o donativo á causa; e 3€ para a comisión de Ataquilla (plataforma onde se mercan as entradas). O acceso de nenos e nenas menores de 12 anos será de balde e os maiores de 12 anos só abonarán o donativo (10€).

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...