HomesociedadeO programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

Da Escola á Granxa, o programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación, que vén de cumprir 4 edicións, optará ao Premio Aresa 2026 de Desenvolvemento Rural que convocan a Fundación Aresa e o Campus Terra da USC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil e primaria ao sector primario a través de actividades educativas en granxas e pequenas producións agrogandeiras de toda a provincia.

A iniciativa involucrou ao longo dos anos arredor de 60 proxectos de emprendemento e granxas, que abren as súas portas á cativada amosándolles o día a dia do seu traballo, os alimentos que producen e a repercusión da súa actividade no entorno.

A candidatura ao Premio Aresa pretende reforzar a visibilidade das granxas e producións que participaron no programa e valorizar a gandería e a agricultura como actividades imprescindibles para a produción de alimentos e a conservación do territorio e das paisaxes.

A iniciativa chegou ao longo dos últimos catro anos a máis de 18.000 escolares da provincia, a través de convocatorias abertas dirixidas as asociacions de nais e pais. A área de Rural financia os desprazamentos do alumnado e incentiva ás granxeiras e granxeiros que ano a ano configuran a oferta formativa. Arredor do programa xurdiron tamén materiais didácticos como o libro “Os Bolechas van da Escola á Granxa” que amplía a difusión dos obxectivos da iniciativa.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...