HomesociedadeXornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Comezan a organizarse as primeiras actividades enmarcadas dentro da celebración da XXVI Mostra do Aceite de Quiroga. A primeira cita desenvolverase este sábado, día 24 de xaneiro, na Casa da Cultura, organizada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia. Cara a unha calidade diferenciada do AOVE galego” reuniranse diversos expertos que falarán sobre a elaboración do Aceite de Oliva Virxe Extra. Está previsto que os relatorios comecen ás dez da mañá tras a apertura da xornada por parte do Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e da Conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez.

Tras a apertura, abordarase a elaboración do AOVE en Galicia: o seu contexto, singularidades e potencial no ámbito atlántico. Do que se encargará Higinio Mougán da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).

Francisco Vilela, presidente da CAOM e director técnico da Cooperativa de Olivicultores de Murça, poñerá sobre a mesa a elaboración de aceites atlánticos premium, falando sobre o manexo do muíño, desde unha cooperativa, para obter un AOVE de calidade superior.

Sobre a tecnoloxía da elaboración e a calidade do AOVE, partindo de bases científicas paraa o control da calidade no muíño, falará a profesora do Departamento de Agronomía da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Anabela Fernandes.

Despois chegará o tempo das catas. Primeiro falando sobre a cata como ferramenta técnica: “Fundamentos para a avaliación da calidade do aceite de oliva virxe extra”, a cargo de António Pavão, director técnico de Casa de Santo Amaro. E a continuación realizando unha cata técnica comentada de AOVEs portugueses e galegos cunha análise sensorial aplicada á mellora da elaboración dirixida por António Pavão, presidente da Asociación de Agricultores de Portugal (APPITAD).

A xornada rematará ás dúas do mediodía, cando o Chef Martín Mantilla do Restaurante Berso de Sober, que ven de ser recoñecido pola guía Michelin, prepare un Show cooking con AOVEs galegos e amose a aplicación gastronómica do AOVE como valor engadido ao produto final. As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición neste enlace.

ÚLTIMAS

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...