HomesociedadeO Concello de Chantada, km100 para obter a Compostela no Camiño de...

O Concello de Chantada, km100 para obter a Compostela no Camiño de Inverno

O Concello de Chantada dispón de importantes recursos turísticos que atraen cada ano a milleiros de visitantes. Ademais de contar cun territorio característico na Ribeira Sacra coas súas ribeiras cara o Miño e o seu románico, o Concello de Chantada é punto clave no Camiño de Inverno a Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os peregrinos que fan o Camiño e queren obter a Compostela, a certificación de ter feito a peregrinación por motivos relixiosos ou espirituais, necesitan acreditar no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino ter recorrido a pé ou a cabalo (en bicicleta 200km) 100km continuos en dirección a Santiago nun mesmo camiño dos identificados oficialmente; e a última etapa para completar o número de quilómetros será a inmediatamente anterior á chegada á Catedral.

Deste modo o Concello de Chantada, no que se atopa o KM100 do Camiño de Inverno, é escollido por moitos peregrinos que inician aquí o seu camiño para conseguir a Compostela.

A Oficina de Turismo é un dos lugares onde o peregrino pode selar as credenciais e buscan tamén información de localización de aloxamentos, hostalaría e comercio, horarios dos medios de transporte, peculiaridades dos seguintes tramos,..

No 2025 a Oficina de Turismo atendeu a 731 peregrinos. Os meses nos que se manifestou un maior aumento de peregrinos foron maio, xuño, setembro e outubro; así a maior parte dos camiñantes fixeron a ruta entre maio e outubro.

Do total de peregrinos que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo, o 73,46% eran de España e o 26,54% eran estranxeiros. Madrid (32,15%) foi a comunidade que máis peregrinos aportou, seguida de Galicia (10,81%), Andalucía (8,34%), Valencia (4,79%), e Cataluña (3,83%).

Os peregrinos estranxeiros proceden, maioritariamente, de Italia (3,42%), Portugal (3,42%), Reino Unido (2,19%), Alemaña (2,05%), Países Baixos (2,05%), Estados Unidos (1,50%), Canadá(1,50%)), Polonia (1,50%) e Francia (1,37%).

“Agora que a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno vimos de celebrar en Fitur 10 anos de oficialidade do Camiño, queremos poñer en valor que desde Chantada se fan os 100Km necesarios para ter a Compostela. Chantada é punto clave no Camiño e ofrece ao peregrino beleza paisaxística e patrimonial, ademais dos servizos necesarios”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Camiño de Inverno Chantada sinalización / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...