Homesociedade636.334€ e 4 meses de prazo de execución para a fonte do...

636.334€ e 4 meses de prazo de execución para a fonte do Parque dos Condes

A Xunta de Goberno deste luns, 26 de xaneiro, aprobou a adxudicación definitiva do proxecto de reforma do Parque dos Condes á empresa Misturas SA por un importe de 636.334,16€ con IVE, e un prazo de execución de 4 meses dende que se asine a acta de replanteo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O procedemento de contratación abriuse o pasado mes de outubro coa licitación do contrato, que partiu dun orzamento base de 677.018,89€ financiados a través dun convenio xa asinado entre o Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.

A reforma prevista afecta ó espazo delimitado polo Cadrado, a Zona D e a rúa Cardenal, e inclúe a instalación dunha fonte circular de 25 metros de diámetro rodeada por un paseo de 5 metros de ancho. En palabras do alcalde, José Tomé unha “fonte de cidade, unha instalación moderna e eficiente, que vai permitir que o Parque dos Condes sexa un espazo de referencia no lecer urbano”.

A fonte instalarase no centro do parque, entre a rúa Cardeal e o Cadrado, completando a urbanización da Zona D, actualmente en obras, e “dándolle a toda esta zona un aspecto singular e espectacular, todo elo integrado na trama urbana e paisaxística do conxunto da Compañía e do entorno do Cardenal”, indica o rexedor

As obras adxudicadas comprenden unha superficie de 2.850 m2. Polo que respecta ás zonas verdes, reformaranse os parterres e serán transplantados ou substituídos un arce, un liquidámbar e dous cerezos reubicados dentro do propio Parque ou substituídos por outras árbores da mesma especie con cepellón. Os acebos, pola súa banda, serán transplantados noutras parcelas municipais.

Procederase tamén á mellora da iluminación, adaptándoa á nova distribución para o que se colocarán novas farolas similares ás existentes na actualidade. Colocaranse o dobre de bancos dos que hai agora para que a xente estea o mais cómoda posible.

O Alcalde explicou que “a intención é que a fonte sexa observada desde a rúa do Cardenal coa finalidade de reactivar ese espazo central do parque, integrando elementos modernos para convertelo nun punto emblemático da cidade”.

Programación e efectos visuais

A instalación contará, ademais, con diferentes modos de programación adaptables a horarios de baixa e alta afluencia e shows especiais para momentos puntuais. “Terá un sistema de telecontrol e software específico que vai permitir xestionar de forma remota a programación e os efectos, e inclúe un control automático do vento, que axusta a altura dos surtidores para optimizar o consumo de auga e minimizar a dispersión en condicións climáticas adversas”, detallou o rexedor. Contará con 5 efectos de auga distintos: surtidores verticais dinámicos, efectos parabólicos creando arcos elegantes, surtidores coroa con múltiples puntos de saída de auga e dous tipos de surtidor con movementos variables de altura e anchura.

O Alcalde destaca que o deseño escollido “prioriza a eficiencia enerxética e a sostenibilidade, utilizando tecnoloxías que optimizan o consumo de auga e de electricidade, xa que a pretensión do proxecto é revitalizar a zona con responsabilidade ambiental e desenvolvemento urbano sostible”. A auga, engade, “será reutilizable e só se repoñerá a que se evapore ou derive polo vento que, en todo caso, será moi pouco consumo”.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...