Homesociedade60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de xaneiro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renova o seu apoio á actividade do matadoiro municipal de Sarria, achegando desde a área de Rural, 50.000 euros. Tamén apoia con 10.000€ a organización da Festa do Cocido de Porco Celta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron conta da renovación do acordo, que contribúe a soster un “servizo fundamental para a veciñanza e para os sectores gandeiro e cárnico da comarca, mantendo a xestión pública das instalacións”.

Efrén Castro explicou que se daba continuidade á colaboración iniciada no 2025 para manter a xestión pública do matadoiro contribuíndo a financiar o custo que supón para o concello. O vicepresidente encadrou esta colaboración co Concello “no apoio ao sector gandeiro da comarca e á valorización dos produtos de proximidade e de calidade”

Nese sentido, anunciou tamén unha achega de 10.000 euros para a organización da Festa do Cocido do Porco Celta, que se celebrará este sábado -31 de xaneiro – no campo da feira de Sarria. Unha celebración que reflicte a tradición destas carnes en Sarria e promociona a súa calidade.

Claudio Garrido sinalou, pola súa banda, que a colaboración da Vicepresidencia da Deputación reforza a Festa, e abre o horizonte para aspirar ao seu recoñecemento como Festa de Interese Galego. A celebración está organizada poloa concello de Sarria en colaboración coa Asociación de Hostaleiros da Comarca de Sarria. No xantar servirase cocido con chourizos, lacón, butelo, espinazo e cachola de Porco Celta.

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...