O temporal Helena, que deixou acumulacións de neve e xeo durante esta madrugada en 22 Concellos da provincia, fixo necesaria a intervención do dispositivo invernal da Deputación. O plan inclúe 112 operarios e 64 máquinas para facer fronte as incidencias que se están dando nas estradas provinciais.
Os groso do traballo está nas vías de Alta Montaña, para restablecer a circulación e manter a seguridade, e entre os concellos máis afectados está Folgoso do Courel.
Tamén hai dificultades en estradas de Quiroga, Ribas de Sil, O Incio e Samos e recoméndase transitar con moita precaución en Taboada, Chantada e Carballedo.
Desde os servizos de emerxencia alertan de que os efectos do temporal van continuar nas vindeiras horas, e espérase que a cota de neve caia aos 300 metros. Tamén se advirte que poden darse rachas de vento que superen os 100 quilómetros por hora.
Como consello para todos aqueles que teñan que facer desprazamentos por estrada no sur da provincia e, sobre todo, nos concellos máis afectados polos efectos do temporal, recoméndase coller o coche só en caso de necesidade, circular con precaución e levar cadeas.