HomesociedadeCortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o...

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

O desprendemento produciuse no quilómetro 12 desta vía, que comunica Ferreira de Pantón co encoro de Santo Estevo, o que obrigou a interromper a circulación para garantir a seguridade dos usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso polo concello de Pantón, como consecuencia do derrube de terra dunha ladeira provocado polas intensas chuvias rexistradas nos últimos días.

Tras ter coñecemento do incidente, a institución provincial desprazou á zona persoal técnico e maquinaria co obxectivo de avaliar a situación e iniciar os traballos necesarios para a retirada do material desprendido e a estabilización da ladeira afectada.

Mentres non se restableza a normalidade na circulación, a Deputación habilitou itinerarios alternativos debidamente sinalizados, ao tempo que solicita á veciñanza e ás persoas usuarias da vía que extremen a precaución e respecten a sinalización provisional instalada.

Por outra banda, como consecuencia dos efectos do episodio de chuvias intensas, continúan pechadas ao tráfico varias estradas da rede provincial. En concreto, permanecen cortadas por asolagamentos a LU-P-3204, no concello de Monforte de Lemos; a LU-P-4703, na Pobra do Brollón; e a LU-P-0901, en Bóveda.

A Deputación mantén un seguimento permanente da situación e continúa traballando para recuperar a circulación nestas vías no menor tempo posible, sempre que as condicións meteorolóxicas e de seguridade o permitan.

ÚLTIMAS

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...