No concurso de Compadres convocado polo Concello de Monforte participaron unha vintena de asociacións, entidades e persoas a título individual, destinando 2.000€ en premios en 3 categorías: unha para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e unha terceira de carácter individual na Praza de España.
En total, presentáronse a concurso unha vintena de propostas:
- Parroquias/barrios/rúas. Colectivos: 8 asociacións e entidades participantes cun total de 42 compadres.
- Parroquias/barrios/rúas. Individual: 4 participantes con 7 compadres en total.
- Centros de ensino. Colectivo: 1 centro.
- Centros de ensino. Individual: 4 centros.
- Praza de España. Individual: 3 participantes con 3 compadres.
Os premios coñecéronse pasadas as 17.30 horas, e foi a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada do Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a encargada de facer a correspondente lectura. Previamente, felicitou a todos os participantes e agradeceu a asistencia dos centros de ensino e compadres individuais neste acto da Praza de España, no que finalmente o tempo acompañou.
- Crítica social– Bar-Cenas, hay chistorras y lechugas. San Xillao de Tor, 150€.
- Etnografía– A antiga escola. Asociación Agora, 150€.
-Parroquias/barrios/rúas. Colectivo:
- Accésit – O mundo do revés. Asociación Prodeme, 75€.
- Accésit – Pedimos ao Concello… Alicia Dapena Pérez, 75€.
- Accésit – Cesta da compra polas nubes. AFAMON, 75€.
- 2º – Futuro incierto. Asociación Agora, 120€.
- 2º- Trump conquista Groencobas. Asociación Veciños Barrio de Cobas, 120 €
- 1º – Bar-Cenas, hay chistorras y lechugas. San Xillao de Tor, 150€.
- 1º – A antiga escola. Asociación Agora, 150€.
-Barrios individual (ata 3 compadres):
- 2º – Trumpisto. Geriatros Domus VI Monforte, 75€.
- 1º – Zenón apaña leña por Guntín. Matilda Somoza González, 100€.
-Praza de España individual
- Accésit – O ronroneiro oficial. Luis Gallego López, 50€.
- 2º – El vampiro que vive en el castillo. Abril Blanco Rajo, 75 €
- 1º – Un vello dos de antes. Adelina Deus González, 100€.

-Centros ensino. Colectivo (Máis de 3 compadres)
- 1º – Policán. Colexio Ferroviario, 150€.
-Centros ensino. Individual
- 2º – Mouros. CEIP Monforte, 75€.
- 2º – Os cars do Torre de Lemos. Fundación Educativa Torre de Lemos, 75€.
- 1º– José Andrés, emociónate comigo para axudar. CEIP A Gándara, 100€.
- 1º– Mazinger Z, ANPA Colexio Escolapios, 100€.

