HomesociedadeChantada e Carballedo coñecen os avances da candidatura a Patrimonio Mundial

Chantada e Carballedo coñecen os avances da candidatura a Patrimonio Mundial

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse este venres cos alcaldes de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e de Carballedo, Julio Manuel Yebra-Pimentel, cos que abordou, entre outras materias, os avances na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José López Campos explicoulles aos rexedores destes dos municipios, dos 26 que integran o territorio da candidatura, o abordado esta mesma semana en París co subdirector de Cultura da Unesco, Ernesto Ottone, e o embaixador de España ante este organismo, Miquel Iceta, co obxecto de seguir perfilando e ultimando a estratexia para os vindeiros meses.

Neste senso, salientoulles as boas sensacións recollidas nesta xuntanza con respecto á proposta, baseada unha paisaxe construída co uso da auga dun xeito novidoso que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial.

Ademais, na reunión tamén se centraron na adaptación da Lei do Patrimonio Cultural, que lles permitirá aos concellos axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos seus bens patrimoniais.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...