HomesociedadeConcentración o 13 de febreiro ás 12:00 no Hospital de Monforte para...

Concentración o 13 de febreiro ás 12:00 no Hospital de Monforte para esixir garantir a seguridade do persoal

Desde a xunta de persoal do Hospital aseguran que en xaneiro a familiar dunha paciente que se atopaba ingresada en medicina interna, agrediu verbalmente de forma continuada a moitos traballadores de dito servizo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A familiar desta paciente, segundo relatan, insultou e fixo outras increpacións no pasillo e na habitación, cuestionando o traballo dos profesionais e con ameazas telefónicas a enfermaría unha vez que a paciente foi dada de alta. Segundo a xunta de persoal, esta situación nun contexto de alta carga de traballo “fixo que incluso unha das traballadoras se vira obrigada a ausentarse e coller unha baixa. Non é un feito illado, só o máis recente. O peor é que sucesos que antes eran anecdóticos, estanse a converter no habitual”.

Lembran que ninguén está a salvo de ser increpado, “como mínimo, polos usuarios dun sistema cada vez máis sobrecargado, que dirixen a súa rabia cara as persoas equivocadas. O que ocorreu en medicina interna só foi a gota que colmou o vaso”.

Nesta situación, unha representación dos traballadores de medicina interna tiveron unha reunión coa xerencia do Hospital. Aseguran que lonxe de dar solucións reais, “achacou estes episodios a un problema sociolóxico que ía máis alá do ambiente hospitalario, e instou ós traballadores a acostumarse a este tipo de situacións, porque cada vez van ser máis habituais”. No encontro afirman que se lle propuxo ao persoal formarse en “técnicas de comunicación, ser máis asertivos e intentar conter a agresión, poñendo o foco na vítima en lugar de aportar solucións reais que protexan ao traballador nunha situación de perigo”.

No comunicado que remite a CIG Saúde anuncian concentración o día 13 de febreiro, ás 12:00 horas, diante da entrada principal do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, para esixir á dirección que adopte medidas urxentes nestas situacións para protexer ao persoal e garantir a súa seguridade.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...