HomeCulturaO Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A mostra ofrece unha ducia de fotografías e a proxección do documental, O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao, cedida para a ocasión polo seu autor David Vázquez (Pinancho).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha exposición fotográfica sobre o Entroido Ribeirao, que se inauguraba este sábado contando coa participación das persoas que colaboraron nela.

Con todo desde o Concello de Chantada búscase poñer en valor o Entroido Ribeirao, unha das mostras etnográficas máis características do municipio, e recoñécese o traballo e o esforzo da asociación “Amigos do Entroido Ribeirao”, por continuar mantendo esta tradición e axudar na transmisión dunha parte fundamental da cultura do concello.

Durante a inauguración fíxoselle entrega dun obsequio a todas as persoas que colaboraron dun modo altruista, nesta mostra, tanto co material do documental como cedendo as fotografías da exposición que foron realizadas por Ana Iglesias, Marga Piñeiro Díaz, Kris Pereira’s, Paula G, Segundo Navaza Blanco e Xaime Cortizo. Recoñecíase así a xenerosidade das persoas que colaboran para sacar adiante este proxecto divulgativo, ao que se engade o cartel anunciador da exposición, obra do artista local, Jon González.

A exposición organizada pola Oficina Municipal de Turismo poderá visitarse de luns a venres: 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de10:00h a 14:00h.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...