O segundo andar no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense acolleu o pasado xoves a inauguración da exposición colectiva Primeira Reunión de Artistas de Ourense “EncontrARTE en vez de enfrentARTE. Cultura versus? Comercio”. A mostra acolle pinturas de dez artistas afincados na cidade das Burgas e propón un diálogo aberto entre arte, espazo e vida cotiá.
O acto de presentación contou coa presenza dos artistas participantes e numeroso público, convertendo a contorna comercial nun espazo de encontro cultural. A devandita exposición abre tamén a porta a unha reflexión sobre a relación entre cultura e comercio, apostando por unha arte viva, social e conceptual, con vocación crítica e un punto de provocación, integrado na experiencia diaria da cidade.

AUTORES PARTICIPANTES
Participan na exposición: Rebeca García, Paulo Gominho, César Prada, Leandro Sánchez, Antonio Carrera, Gill Bird, Olga Reinoso, Susi Ballester, Lola Veiras e Fernando Eiriz.
Con esta iniciativa, Ponte Vella transfórmase nun escenario artístico aberto ao espectador, onde pintura, pensamento e vida cotiá entrelázanse, reforzando o papel da arte como ferramenta de diálogo e reflexión colectiva.

