HomesociedadeA DO Ribeira Sacra demanda ao Ministerio de Agricultura simplificar os trámites...

A DO Ribeira Sacra demanda ao Ministerio de Agricultura simplificar os trámites para recibir axudas á promoción internacional

A DO Ribeira Sacra vén de participar nunha reunión convocada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación cos consellos reguladores vitivinícolas, na que se abordaron cuestións relacionadas co contexto internacional do sector do viño, os acordos comerciais en análises e as políticas de promoción exterior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o encontro, o Ministerio trasladou información sobre a evolución dos mercados internacionais do viño e sobre distintos acordos comerciais impulsados desde o ámbito da Unión Europea, entre eles o acordo con Mercosur e as negociacións con outros mercados como India e Indonesia. Tratáronse tamén as liñas xerais de promoción exterior do viño español, incluíndo as axudas da OCM (Organización Común de Mercados) destinadas á promoción en países terceiros.

Neste marco, o presidente da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, na súa condición de vocal representante das pequenas Denominacións de Orixe de España, trasladou ao ministro a necesidade urxente de simplificar os procedementos administrativos de acceso ás subvencións de promoción da OCM. Segundo expuxo, a complexidade actual destas liñas de axuda dificulta que as pequenas DO poidan beneficiarse dos fondos destinados á promoción internacional. Durante a súa intervención, o presidente subliñou que “é fundamental a simplificación administrativa das axudas para poder estar presentes en países terceiros e así mellorar os datos de exportación”.

Pola súa banda, o ministro de Agricultura comprometeuse a ter en conta esta demanda no proceso de transposición do paquete do viño á normativa estatal, unha medida que podería facilitar o acceso das pequenas Denominacións de Orixe aos recursos de promoción exterior.

Ministro de Agricultura reunión viño / DO Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...