HomesociedadeConvócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O Concello da Pobra do Brollón convoca o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá co fin de seleccionar o cartel oficial da edición número 33 da Feira, que se celebrará a primeira fin de semana de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación da Feira do Viño. Valorarase que os deseños reflictan o espírito da Feira do Viño de Vilachá, que se celebra no icónico conxunto de adegas medievais da Abelaira.

A feira caracterízase pola participación de adegas e colleiteiros con viñas nas ribeiras de Vilachá, e polo ambiente musical grazas á animación ao longo da fin de semana de grupos de cantos de taberna.

O prazo para presentar os deseños está aberto ata o día 3 de marzo. Establécese un único premio de 200 euros. As bases do concurso están publicadas na páxina web do Concello da Pobra do Brollón no enderezo www.concellodapobradobrollon.gal

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...