O Alcalde de Monforte de Lemos vén de anunciar, tras pechar o prazo de inscricións para participar no Desfile de Martes de Entroido, que serán 1.296 as persoas participantes. Trátase da cifra máis alta dos últimos anos, co cal hai expectativas de que sexa un gran espectáculo para o público que como en anos anteriores encherá as rúas da cidade. Pola súa parte, as carrozas e disfraces participantes ofrecerán un gran ambiente, colorido e bo humor. E xa por pedir, agardar que as condicións meterorolóxicas acompañen.
Participarán un total de 21 colectivos de Monforte e 13 de fóra de municipio, procedentes estes últimos de diferentes localidades, non so da comarca, senón do resto da xeografía galega, con representación das catro provincias: Sarria, Bolmente, Sober, Oural, Cereixa, Bóveda, Pobra de Brollón, Paradela e Chantada (Lugo), Vilamarín (Ourense), Ferrol (A Coruña) e Vigo (Pontevedra).
O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. A partida destinada aos premios neste certame ascende a un máximo de 21.000€, dos que 17.850€ corresponden ao desfile de Comparsas e Disfraces de Monforte, e 3.150€ aos de fóra da cidade.
PERCORRIDO, HORARIOS E VALORACIÓN POLO XURADO
O desfile comezará ás 17.00 horas na praza da Estación e percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e Praza da Compañía. O xurado identificará as comparsas na praza da Estación de 16.00 a 17.00 horas e os disfraces individuais ás 16.30 horas. Posteriormente, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, a orixinalidade e o interese etnográfico, o humor, a posta en escena e a utilización de música en vivo.
O dispositivo especial de tráfico tanto para o Desfile do Martes de Entroido como para o Enterro da Sardiña pódese consultar na páxina web do Concello de Monforte.

PREMIOS PARA COMPARSAS E DISFRACES
COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE DE LEMOS
Comparsas de máis de 90 compoñentes (4 inscritas)
1º premio: 1.500 euros
2º premio: 1.000 euros
3º premio: 800 euros
Comparsas entre 51 e 90 compoñentes (4 inscritas)
1º premio: 800 euros
2º premio: 550 euros
3º premio: 400 euros
Comparsas entre 25 e 50 compoñentes: (3 inscritas)
1º premio: 700 euros
2º premio: 500 euros
3º premio: 350 euros
Comparsas entre 4 e 24 compoñentes (9 inscritas)
1º premio: 500 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes (4 inscritas)
1º premio: 300 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros
Premios especiais de 300 euros á Mellor comparsa tradicional / Mellor posta en escena / Mellor crítica de actualidade / Mellor humor / e Mellor música en vivo
Premios ás carrozas: 1º premio: 800 euros / 2º premio: 600 euros / 3º premio: 450 euros
Accésits:
- Comparsas con máis de 90 compoñentes: 400 euros
- Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 200 euros
- Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 200 euros
- Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 300 euros
- Comparsas infantís: 75 euros
- Individual adulto: 100 euros
- Individual infantil: 75 euros
- Ás carrozas: 100 euros
Individual infantil de 1 a 3 compoñentes (4 inscritas)
1º premio: 200 euros
2º premio: 150 euros
3º premio: 100 euros
Comparsas infantís de 4 compoñentes en adiante (1 inscrita)
1º premio: 500 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
COMPARSAS E DISFRACES DE FÓRA DE MONFORTE DE LEMOS
Comparsas de 1 a 3 compoñentes (5 inscritas)
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros
Comparsas de 4 a 24 compoñentes (4 inscritas)
1º premio: 500 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
Comparsas de máis de 25 compoñentes (3 inscritas)
1º premio: 600 euros
2º premio: 450 euros
3º premio: 300 euros

