Homesociedade‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O Concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLVI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 27, 28 e 29 de marzo, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de diferentes puntos do Estado. Ademais dos orixinais da comarca, tamén se recibiron carteis das outras tres provincias galegas e de fóra da Comunidade. O grupo máis numeroso provén de Galicia.

A proposta gañadora foi a titulada ‘Amandi. Un viño de cine’ da autoría de Marta Luisa Silvarrey. A creadora, natural de Begonte, é deseñadora e rexenta o estudo Boconti na súa localidade natal. É a primeira vez que se presenta a un concurso de deseño.

A gañadoa recibirá 800 euros de premio e un diploma. O seu cartel será a imaxe da XLVI Feira do Viño de Amandi. Todos os carteis presentados formarán parte dunha exposición que se poderá visitar na Casa da Cultura de Sober entre o 2 de marzo e o 6 de abril.

O deseño presentarase oficialmente o sábado, 28 de febreiro, no miradoiro do Xabrega, data na que se dará a coñecer a programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLVI Feira do viño de Amandi. Este ano de novo a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde

ÚLTIMAS

Cortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Un incendio que afecta á infraestrutura ferroviaria mantén cortada a liña entre Montefurado, en...

Monforte abre unha nova convocatoria de axudas para sufragar o gasto enerxético nos fogares vulnerables  

Esta liña de axudas está destinada a paliar situacións transitorias de necesidade social relacionadas...

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto...