Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar “un dos Entroidos con máis sona e tradición de Galicia”, recoñecido como BIC no marco da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra aprobada en 2018. Ademais do arraigo local destaca a vertente lúdica e festiva desta cita, que xera gran expectación popular e mediática entorno á figura do Oso.
A Xunta colabora coa Asociación Veciñal de Salcedo para impulsar catro días de programación – do sábado 14 ao martes 17 -, que tamén inclúe ás Madamas e Danzantes, os Disfraces de Campo, funcións de teatro e música variada.

Oso Salcedo / Delegación territorial

