HomesociedadeMoito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

“Un éxito rotundo de participación, animación e creatividade” referiu o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ao remate da rúa entroideira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas ateigadas de monfortinos e visitantes, Monforte mantén o poder de atracción para mobilizar comparsas e disfraces o Martes de Entroido. Ademais, nun ano no que houbo menos tempo para confeccionar as creacións a concurso cómpre salientar a alta participación, con algúns traballos espectaculares e moitos nos que non faltou a creatividade, o humor e as homenaxes ás nosas tradicións. Un espectáculo, en definitiva, que fixo gozar aos presentes, e que contou cunha climatoloxía favorable que fixo esquecer o frío e a recurrente choiva deste mes de febreiro.

Neste senso, o rexedor monfortino destaca “o impulso económico que supón esta celebración capaz de reunir na cidade a un número importantísimo de persoas tanto de aquí como de fóra, que visitan Monforte para desfrutar dunha posta en escena divertida e colorista, e na que non pode faltar a crítica e o bo humor”. Así mesmo, en nome de todo o Equipo de Goberno, felicita aos premiados e agradece a todos os participantes “a ilusión e as horas de traballo dedicadas á elaboración das estupendas propostas que desfilaron nesta edición”.

Coa participación tan alta de inscritos deste ano todo apunta a que esta celebración consolídase como referente no sur de Lugo. Así as cousas, o rexedor anima aos veciños e veciñas a seguir participando nos vindeiros coa mesma ilusión e dedicación.

PARTICIPACIÓN

Para o concurso do Martes de Entroido, o Concello estableceu dúas modalidades principais: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para propostas de fóra do municipio. A partida destinada aos premios neste certame ascendeu a un máximo de 21.000€, dos que 17.850€ correspondían ás comparsas e disfraces de Monforte, e 3.150€ aos de fóra de Monforte. 

Nas comparsas de máis de 4 compoñentes participaron 21 colectivos de Monforte e 13 de fóra de municipio, con representación das catro provincias: Sarria, Bolmente, Sober, Oural, Cereixa, Bóveda, A Pobra do Brollón, Paradela e Chantada (Lugo), Vilamarín (Ourense), Ferrol (A Coruña) e Vigo (Pontevedra).

Na modalidade individual (de 1 a 3 compoñentes), inscribíronse 8 propostas de Monforte (5 de infantís e 5 de adultos) e 5 de fóra do concello. En total, 1.296 persoas inscritas, aínda que a participación no desfile é maior, apunta o Alcalde, “xa que súmase moita xente que non concursa pero que quere desfrutar igualmente do percorrido e da animación do desfile”.

DESENVOLVEMENTO DO DESFILE E PREMIOS

O Desfile comezouás 17.00 horas na praza da Estación e percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha e rúa Compañía, para finalizar na explanada fronte o Colexio de Nosa Señora da Antiga, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, disfrazada de pirata, deu a coñecer os ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Súper Top.

COMPARSAS DE FÓRA  de 1 a 3 compoñentes

3º.- Gino demonio del K-Pop. VIGO. Mª TERESA RAJO GONZÁLEZ  150€

2º.- Las Drag-Crocheteras. CHANTADA. SONIA TALLÓN GARCÍA 200€

1º.- David el Gnomo y su mujer. FERROL. Mª CARMEN TOYOS FONTENLA  250€

COMPARSAS DE FÓRA  de 4 a 24 compoñentes

3º.- Río. PARADELA. SANDRA ARIAS LÓPEZ 300€

2º.- Menuda parida. COMPARSA DE CEREIXA  400€

1º.- O lago dos cisnes. LAMAIGREXA. A POBRA DO BROLLÓN 500€

COMPARSAS DE FÓRA  máis de 25 compoñentes

3º.- A malla de Bolmente. ASOCIACION PARA O EMPREDENEMENTO SOSTIBLE NA RIBEIRA SACRA  300€

‘A malla de Bolmente’. Foto: M.M.

2º.- Soberiux da Reserva Sacra. ANPA VIRXE DO CARME DE SOBER 450€

1º.- Nasunción. ANPA COLEXIO ASUNCIÓN DE SARRIA   600

‘Nasunción’ de Sarria. Foto: M.M.

PREMIO Ó MELLOR HUMOR

  • Ribeira Sacra Fest II. BEATRIZ RIOS BARREIRO  300€

PREMIO Á POSTA EN ESCEA

Esmorga Rock. CLUBE QUICELA XIMNASIA RÍTMICA  300€

PREMIO CRÍTICA DE ACTUALIDADE

Vaya Banda!. HECTOR MANUEL DÍAZ LÓPEZ   300€

PREMIO Á MELLOR MÚSICA EN VIVO

  • Tukupa. ASOC. BATTUERE GRUPO TUKUPA  300€

PREMIO Á MELLOR COMPARSA TRADICIONAL

  • Furafollas. Mª JOSÉ GARCÍA DÍAZ  300€

PREMIO ÁS CARROZAS

Accésit.- O bosque máxico. CAMPO SAN ANTONIO  100€

Accésit.- Voemos. CORREDOIRA 100€

Accésit.- A fraga encantada. ESCOLA INFANTIL PARRULIÑOS   100€

3º.- A música saíu da lámpada.  ASOC .CULTURAL OS XOGRARES DE LEMOS  450€

2º.- Érase unha vez Pinocho. ANPA A GÁNDARA 600€

1º.- A vida na lareira do barraquillo. BARRAQUILLO  800€

INDIVIDUAL INFANTIL

Accésit.- RUMI la guerrera del K-Pop. ABRIL BLANCO RAJO   75€

3º.- A brigada do bastón. SILVIA PÉREZ PORTO  100€

2º.- Paseo en globo por la Ribeira Sacra.  IÁN GONZÁLEZ ÁVAREZ  150€

‘Paseo en globo por la Ribeira Sacra’. Foto: Concello de Monforte.

1º.- La niña que quería llegar a la luna. CARLA GONZÁLEZ ÁVAREZ  200€

  COMPARSAS INFANTÍS

1º.- Ribeira Sacra Fest II. JOSÉ VÁZQUEZ VÁZQUEZ  500€

INDIVIDUAL ADULTO

Accésit.- As conexas. ROSARIO OSORIO ARIAS  100€

Accésit.- As picaronas en forma. ANA Mª RODRÍGUEZ BLANCO  100€

2º.- Resistencia ártica. OFELIA ESPIÑO LEDO  200€

1º.- Hippies de Baleares. REBECA GALVÁN SEGURA   300€

COMPARSAS ENTRE 4 e 24 COMPOÑENTES

Accésit.- El legado rebelde de Pippi. Mª INÉS RGUEZ. GARZA  200€

Accésit.- Entre plumas y Cancan. DANIEL LÓPEZ QUIROGA  200€

Accésit.- Mi gran boda India. SABELA MOREIRAS CUESTA  200€

3º.- A familia do Señor José. MARINA DÍAZ MARTÍNEZ  300€

‘A familia do Señor José’. Foto: M.M.

3º.- Olimpiñeiradas. PIÑEIRA. BORJA VÁZQUEZ FUENTES  300€

2º.- A vida na lareira do barraquillo. BARRAQUILLO 400€

1º.- Furafollas. Mª JOSÉ GARCÍA DÍAZ 500€

COMPARSAS ENTRE 25 e 50 COMPOÑENTES

3º.- Ribeira Sacra Fest II. BEATRIZ RIOS BARREIRO  350€

.- O bosque máxico. CAMPO SAN ANTONIO  500€

1º.- Voemos. CORREDOIRA  700€

COMPARSAS ENTRE 51 e 90 COMPOÑENTES        

3º.- Esmorga Rock. CLUBE QUICELA XIMNASIA RÍTMICA   400€

3º.- A música saiu da lámpada. ASOC. CULTURAL OS XOGRARES DE LEMOS  400€

2º.- Érase unha vez Pinocho. ANPA A GÁNDARA  550€

1º.- El reino de las chuches. CELIA LÓPEZ RODRÍGUEZ   800€

COMPARSAS DE MÁIS DE 90 COMPOÑENTES

3º.- Carude prefiere ser un indio que un importante abogado. COMPARSA BARRIO CARUDE  800€

José Tomé coa Comparsa de Carude. Foto: Concello de Monforte.

3º.- A fraga encantada. ESCOLA INFANTIL PARRULIÑOS   800€

2º.- Ratón Pérez & Cía. COLEXIO FERROVIARIO  1.000€

1º.- As bolboretas. ANPA A LAGOA CEIP MONFORTE COLEXIO NOVO 1.500€

ÚLTIMAS

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...

Cortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Un incendio declarado na infraestrutura ferroviaria mantén cortada desde primeira hora da mañá deste...