HomesociedadeO IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros...

O IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros Educativos

Alumnado de 3º da ESO do IES A Pinguela vén de participar na Comunidade de Murcia xunto co do IES Leopoldo Queipo de Melilla e do IES Valle del Segura de Blanca (Murcia) na última mobilidade da Agrupación Nacional de Centros Educativos na que participan para o estudio da "Diversidad medioambiental y el uso del agua en nuestras comunidades autónomas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa, que organiza e financia o Ministerio de Educación, ten como obxectivo sensibilizar e impartir formación sobre o obxectivo de desenvolvemento sostible 6 “Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todos”, así como fomentar a interacción e establecer vínculos entre estudantes e profesores dos diferentes centros participantes.

Durante a semana coñeceron Caravaca de la Cruz, o santuario Virgen de la Esperanza, o xacemento do Cabezo Negro casco histórico da cidade de Murcia, o estadio do Real Murcia de Fútbol “Enrique Roca”, centro comercial Nueva Condomina, Salinas de San Pedro, Bahía de Portmán, Teatro Romano e Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuatica na cidade de Cartagena, xacemento arqueolóxico de Medina Siyasa, a cova da Serreta, a ruta das norias de
Abarán, e puideron desfrutar da incipiente floración de albaricoqueiros, melocotoeiros e améndoos de Cieza.

Xa en Blanca, tivo lugar o acto de clausura no Teatro Victoria presidido polo alcalde de Blanca, Pablo Cano, e a Directora Xeral de Recursos Humanos, Planificación Educativa e Innovación da Consellería de Educación e Formación Profesional da Rexión de Murcia (CARM), Carmen Balsas. No acto, estudantes dos tres centros participantes presentaron os seus proxectos sobre as diferenzas hídricas e climáticas entre as distintas comunidades autónomas e o seu patrimonio cultural, que rematou nunha festa de confraternidade no instituto de Blanca.

Coñeceron o deserto de Mahoya e desfrutaron das augas termais de Fortuna. Foi unha experiencia intensa en convivencia e aprendizaxe que estamos seguros que ninguén dos que participaron esquecerán

IES A Pinguela en Murcia / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...