O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á cidade e mantivo unha primeira toma de contacto na que fixeron un repaso do estado actual da seguridade do tráfico no municipio de Monforte.
Ambos representantes expresaron a firme vontade de manter a colaboración entre os diferentes corpos de seguridade, neste caso Policía Local e Garda Civil. “Neste primeiro encontro abordamos aspectos que teñen que ver coa seguridade do tráfico e a necesidade de traballar conxuntamente para que Monforte siga sendo un Concello tranquilo en canto á seguridade viaria”, descata Tomé.
Anxo Rodríguez Rodríguez é ourensán e incorpórase ao novo cargo tras prestar servizo na unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Ourense.

