HomesociedadeA XXII Feira Medieval de Monforte anúnciase co vídeo oficial

A XXII Feira Medieval de Monforte anúnciase co vídeo oficial

Monforte quenta motores para a celebración da vixésimo segunda edición da Feira Medieval que, coma sempre, festéxase o sábado e domingo de Semana Santa, coincidindo este ano cos días 4 e 5 de abril. A un mes do evento, o Concello de Monforte pon en marcha a campaña promocional co lanzamento do vídeo oficial, unha peza audiovisual que fai un recordatorio da edición pasada animando a vivir e sentir unha nova experiencia na cita deste 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca que a Feira Medieval “é un referente no calendario festivo dos monfortinos e monfortinas e tamén de moitas persoas que nos visitan e repiten cada ano”, e anticipa que a campaña promocional da nova edición “será intensa, co obxectivo de presentar esta feira como unha opción de ocio e turismo na Semana Santa”.

Neste senso, o rexedor sostén que “a Feira Medieval é un dos principais reclamos turísticos da Semana Santa no noso entorno e un importante dinamizador da economía local, capaz de atraer a miles de visitantes non só a Monforte, senón ao conxunto da Ribeira Sacra”.

Lembra tamén que este importante evento cultural e festivo segue á espera da declaración de Feira de Interese Turístico Galego por parte da Xunta de Galicia. O Concello de Monforte solicitou este recoñecemento despois da celebración da 20ª edición e, ás portas xa da 22ª, segue agardando unha resolución: “É de xustiza que a Xunta de Galicia outorgue esta declaración porque a Feira Medieval de Monforte cumpre todos os requisitos, xa que está sobradamente demostrada a súa singularidade cultural, así como a calidade da súa programación e da posta en escena e, como non, a capacidade de atraer visitantes”, apunta o Alcalde.

Vídeo oficial

O vídeo promocional da XXII edición da Feira Medieval é unha peza audiovisual de 1,43 minutos que fai un percorrido pola edición de 2025 a través de imaxes que recollen algúns dos momentos máis destacados da programación, desde os espectáculos de cetrería ou as xustas ata a subida ao conxunto monumental de San Vicente e a solta de farois.  

Deste xeito, o vídeo recolle o que son os eixos centrais da Feira Medieval, que nos permiten, tal e como destaca o vídeo “regresar ao Medievo”, para desfrutar dun evento único e vivir esta experiencia nun lugar especial como é “o corazón da Ribeira Sacra”.

A proposta audiovisual desta edición publicarase desde hoxe nas redes sociais e na páxina web do Concello de Monforte e proxectarase no MUPI da rúa Cardenal. Durante a celebración da Feira poderase ver unha versión estendida nas pantallas que se colocarán na Praza de España e no conxunto de San Vicente.

O vídeo pódese ver en:  https://youtu.be/lQZlCdgHDlE

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...