HomesociedadeCelebración do Día da Muller en Castro Caldelas

Celebración do Día da Muller en Castro Caldelas

Será o venres 6 de marzo ás 12:00 h. cunha reunión diante do Concello, momento no que se descubrirá unha obra feita con gancho polas mulleres da Asociación de Xubilados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Castro Caldelas celebra o ‘Día Internacional da Muller’ este venres, 6 de marzo. Farao ás 12:00 h. cunha homenaxe moi especial na que terá protagonismo un acto simbólico: Descubrir unha fermosa obra feita en gancho polas mulleres da Asociación de Xubilad@s do concello.

IV PREMIO DA MULLER TRABALLADORA E MANIFESTO

Trátase duns premios creados para homenaxear á muller caldelá. O primeiro Premio foi entregado a unha Caldelá do rural: Esperanza Gómez, de Quintela de Mazaira.; o segundo Premio foi entregado a unha Caldelá da vila: Lola do “Restaurante Pallón II”; o terceiro a outra Caldelá do rural: Rita de “Casa Rita” de Sas de Penelas. 

O IV Premio será entregado este 6 de marzo ás 12:15 h. a unha muller moi significativa da vila, cuxa identidade se desvelará no propio acto.

Como remate ao acto terá lugar a lectura do Manifesto.

“Con este acto ponderamos o papel das mulleres, moi especialmente as mulleres Caldelás: mulleres bravas, intelixentes, traballadoras, … a través de tantas xeracións e profesións. En cada premiada simbolizamos a loita e a resiliencia histórica, destacando o seu papel fundamental no coidado dos fillos, dos maiores, dos traballos realizados para sacar adiante as empresas das que case nunca eran titulares, do duro traballo do campo e como motores da economía familiar”, refire a súa alcaldesa Sara Inés Vega.

A alcaldesa aproveita tamén para dar as grazas ás Mulleres da Asociación de Xubilad@s, que un ano máis traballaron arreo para realizar a homenaxe en Gancho, e a Manuel Carrete polas súas ideas e axuda nos traballos.

Finalmente, a rexedora convida a todos os homes e mulleres de Castro Caldelas a asistir a este “significativo acto de reivindicación e recoñecemento”.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...